xoves, 21 de maio de 2015

Na Defensa dos Nosos Dereitos
Sindicalismo de Clase e Nacionalista.

CANDIDATURA  TECNICOS:
1.        Mª Jesús Neira Picón.    Técnico de Raios.
2.        Ramón Nodar Freiría.    Oficial Administrativo.
3.        Susana Nogueira Gonzalez.   Técnico de Radioterapia.
4.        Mª José Peréz Fernandéz.     Oficial Administrativo.
5.        Mª Mercedes Albela Torres.  Enfermeira.
6.        Beatriz Vaqueiro Lago.  Fisoterapeuta.
7.        Consuelo Román Nuñez. Enfermeira
8.        Amparo Comesaña Fernández. Enfermeira.
9.        Monserrat Carreiro Fernández.  Enfermeira.
10.    Francisco Torreira Gerpe.  Oficial Administrativo.
11.    Guadalupe Fernández Calvar.  Técnico de Raios .
12.    Rita Vazquez Santamaría.  Auxiliar Adminstrativo.
13.    Mª  Mar  Pereira Rodriguez.  Enfermeira.
14.    Silvia Fagone Echeverria.  Enfermeira.
15.    Mª Jose Hermida Martinéz.  Enfermeira.
16.    Kenia Gonzalez Blanco.  Enfermeira.
17.    Basilio Cabreira Fernandez. Mantenemento.
18.    Belen Rodríguez Cancelo. Enfermeira.
CANDIDATURA DE ESPECIALISTAS:
1.      Rafael Agras Suárez. Celador.
2.      Carmen Couto Tourón. Auxiliar de Enfermeria.
3.      Humberto Corujeira Cabaleiro. Celador .
4.      Pilar Martinez Carneiro. Auxiliar de Enfermeria.
5.      Albina Pita Trigo. Limpadora.
6.      Mª Angeles Calvo Trabanco. Auxiliar de Enfermeria.
7.      Esther Iglesias García. Auxiliar de Enfermeria.
8.      Mª Cruz Castaño Villanueva. Auxiliar de Enfermeria.
9.      Jesús Vázquez González. Celador.
10.  Mª Carmen Fernández Veiga. Auxiliar de Enfermeria.
11.  Mª Carmen Fontán Castro. Auxiliar de Enfermeria.
12.  José Carlos Rodeiro Carrera. Celador.
13.  Teresa Diez Míguez. Auxiliar de Enfermeria.
14.  Mª Flora López Miranda. Auxiliar de Enfermeria.
15.  Mª Angeles de la Santisima Trinidad García. Auxiliar de Enfermeria.
16.  Emilia Villar Bouzas. Auxiliar de Enfermeria.
17.  Juan Sanluis Fona. Cociñeiro.
18.  Dolores de Dios Pereira. Auxiliar de Enfermeria.
19.  José Benito Álvarez Estévez. Celador.
20.  Angeles Parada Fontaiña. Auxiliar de Enfermeria.

  EE.SS. A RESPONSABILIDADE DE TODOS E TODAS

Agora é o momento de actuar, é o momento no que todas e todos os traballadores/as temos a posibilidade de analizar o papel do Comité de Empresa nos conflitos que xurdiron ao longo desta lexislatura. A posibilidade, a responsabilidade e o deber, de decidir quen queremos que nos represente no Comité de Empresa durante os próximos 4 anos.

Pero, realmente, se nalgún momento da Historia de Povisa foi doado decidir o voto, é nesta ocasión. Polo menos é doado decidir que tipo de sindicalismo queremos no Comité de Empresa: un sindicalismo domesticado pola dirección ou un sindicalismo reivindicativo, solidario, que sempre ten propostas  e que non se agacha ante a Dirección.

Esta, é a principal decisión que temos que tomar, xa que a loita da C.I.G nos derradeiros tempos foi a de manter o noso actual Convenio Colectivo, para todas/os traballadoras/es  (fixos , sergas , eventuais…) 
Foron tempos de intensa actividade sindical. Fagamos un breve resumo sobre os principais acontecementos:

Ano 2011:
ERE Extintivo 52 de Limpadoras/es  por causas Económicas de 5 Administrativas/os por causas Organizativas. Fixemos mobilizacións e roldas de prensa para denunciar estes feitos. .Propuxemos a renuncia  do cobro dos atrasos  e conxelación salarial por 2 anos  para evitar os despidos ,a dirección non aceptou. Convócase folga en contra dos despedimentos. 


Ano 2012:
·         Reducción de Xornada a 35 horas de 136 Auxiliares de Enfermería e Celadores  “voluntarias” segundo a Empresa.

·         Modificación sustancial das quendas dos 136  traballadoras/es. A C.I.G denuncia  dita Modificación con sentenza favorable ós Traballadores/as en Vigo, ratificada polo TSXG. A asesoría xuridica da C.I.G maila  Sección Sindical fixeron escritios ao xulgado para que se cumprira solicitando  multas coercitivas por incumprimento.


·         Modificación Sustancial (artigo 41 do E.T) Reducción unilateral a 35 horas por parte da empresa a 101 traballadoras/es do Bloque Cirúrxico,Uci, Radioterapia, Urpa, CDD, Rehabilitación e Policlínica. A C.I.G. denuncia estes feitos no Xulgado do Social. Gañando a sentenza en Vigo e ratificada no TSXG tendo que retomar a xornada completa ea compensación económica dos 101 afectadas/os.

Ano 2013:
·         Negociación do convenio colectivo e aplicación da reforma laboral e do convenio de ámbito superior (Convenio Provincial en agosto) Ante esta situación a C.I.G apostou pola unión sindical de todo o Comité de Empresa. O conflicto foi apoiado pola  Gran Maioria da plantilla, e despois de numerosas manifestacións, mobilizacións ,reunións ( Xunta , Sergas, Concellos,…) e unha Folga de 15 días de duración que  rematou cunha Sentenza favorable en Vigo e ratificada polo TSXG.

Ano 2014:
·         No mes de febreiro modificación  sustancial de quendas que afecta os 101 traballadoras/es. A Maioria das Enfermeiras do Servizo de Quirófano renuncian á aplicación da Sentenza, reducindo a súa xornada a 35 horas pactadas por un cumprimento de obxetivos, o que supuxo a extinción dos celadores do Bloque Cirúrxico , e a maiores, a reordenación de quendas mailo despedimento de 3 traballadoras/es de fin de semán.
·         En setembro, despois da denuncia da C.I.G e do Comité de Empresa  dos contratos Sergas 2000 (en fraude de ley) e unha vez asinado o novo Concerto Sergas-Povisa fanse 184 contratos indefinidos, aínda que 16 Compañeiras/os  foron despedidas/os de xeito improcedente.

Ano 2015:
·         ERE de extinción de 56 traballadoras/es que a CIG rexeita dende o primer día polos seguintes motivos:
-       A empresa non presenta as contas auditadas do ano 2014 nas que se baseaba  a parte económica.
-       No Concerto Sergas-Povisa 2014  na Cláusula Vixésimo Novena :
CESIÓN e SUBCONTRATACIÖN DO SERVIZO PÜBLICO
Povisa,SA non poderá acordar con terceiros a cesión dos dereitos e obrigas derivados do contrato, sen autorización expresa da Adminsitración contratante. A cesión do contrato rexerase polo disposto no Artigo 226 do TRLCSP.
Dada a natureza desta contratación o adxudicatorio so poderá concertar con terceiros a realización das prestacións accesorias ao Servizo.
A empresa Técnicamente non pode subcontratar a terceiros
(Rehabilitación, Limpeza, Control de Visitas e Telefonistas) datos aportados por esta Sección Sindical.
-       En canto as cuestións Organizativas plantexamos dúas propostas consensuadas coas Seccións  Sindicais de  C.G.T,S.G.P.S e U.G.T.
-A recolocación do persoal afectado según titulacións e en distintas áreas do Hospital.
- Que o persoal con reduccións de Xornada a 35 horas pasase a facer unha  xornada  de 7 horas diarias , durante 5 días á semán.

O derradeiro día do periodo de consultas a empresa retira o ERE. Polo tanto, a empresa deixa craro que o único obxetivo era externalizar servizos, despedir , modificar horarios e quendas.
·         7 días despois presenta 13 despidos que xa estaban incluidos no ERE: 10 celadores e 3 administrativos do Servizo de arquivo, aplicando a mesma memoria (informe Técnico) do ERE.

·         Como resposta á  actitude da empresa durante estes anos  e cos últimos despedimentos , dúas delegadas da C.I.G, un delegado do S.P.G.S. e un dos traballadores despedidos iniciaron unha Folga de Fame que durou 14 dias, nos que  fixemos mobilizacións, unha manifestación cidadá,, xuntanzas con partidos políticos, asociación de vecinos ,sindicatos e movementos sociais . A C.I.G solidarizouse  convocando unha manifestación de Delegadas/os.  

-A recolocación do persoal afectado según titulacións e en distintas áreas do Hospital.
- Que o persoal con reduccións de Xornada a 35 horas pasase a facer unha  xornada  de 7 horas diarias , durante 5 días á semán.
O derradeiro día do periodo de consultas a empresa retira o ERE. Polo tanto, a empresa deixa craro que o único obxetivo era externalizar servizos, despedir , modificar horarios e quendas.
·         7 días despois presenta 13 despidos que xa estaban incluidos no ERE: 10 celadores e 3 administrativos do Servizo de arquivo, aplicando a mesma memoria (informe Técnico) do ERE.

·         Como resposta á  actitude da empresa durante estes anos  e cos últimos despedimentos , dúas delegadas da C.I.G, un delegado do S.P.G.S. e un dos traballadores despedidos iniciaron unha Folga de Fame que durou 14 dias, nos que  fixemos mobilizacións, unha manifestación cidadá,, xuntanzas con partidos políticos, asociación de vecinos ,sindicatos e movementos sociais . A C.I.G solidarizouse  convocando unha manifestación de Delegadas/os. 

 Durante estes 4 anos a Sección Sindical estivo respaldada polo Sindicato coa presencia dos dirixentes sindicais en todos os conflictos e  con asesores e economistas  nas negociacións do convenio e dos EREs .

PARÉMOLO XA. AGORA É O MOMENTO
O futruo xa está aquí, agora temos que decidir cómo queremos que sexa, cómo queremos vivir:
·         Nos o temos moi craro.Defendendo os nosos dereitos, a nosa dignidade, negociando e enfrontándonos á Dirección cando sexa necesario.

Espérannos tempos moi duros a nivel laboral, social e económico. Este ano, máis que nunca o teu  voto decide como queres que sexa o teu futuro laboral.

UTILIZA O TEU VOTO CON RESPONSABILIDADE
VOTA C.I.G.

Ningún comentario:

Publicar un comentario