martes, 26 de maio de 2015



Mañán mércores 27 é día de reflexión para todos/as traballadores/as do Hospital Povisa, antes das votacións do día 28, é moito o que nos xogamos.  Temos o noso convenio, as nosas condicións laborais, os nosos dereitos, os postos de traballo. Cada un de nós temos moito que reflexionar e valorar destes últimos 4 anos.

A CIG estivo en primeira línea en todos os conflictos, e a pesar do que digan algúns: Sí negociamos  e presentamos propostas e alternativas nas negociacións como aportamos no libriño onde presentamos a nosa candidatura; o que nunca negociaremos é un convenio diferente para fixos, sergas, eventuais..., defenderemos sempre un único convenio para todos/as traballadores/as .

Apostamos polo diálogo coa Dirección pero non aceptaremos a perda dos nosos dereitos só porque a Dirección así o decida, cando non hai ningún motivo que o xustifique nin organizativo, nin económico.

Apostamos pola unión do Comité porque xuntos somos máis fortes, e o único fin debe ser sempre a defensa de todos/as, traballadores/as, independentemente da súa categoria e sempre estaremos en contra dos sindicatos corporativistas, que só negocian para eles, pactando individualmente obxetivos que van en contra do noso convenio, e que o único que consiguen é dividir e favorecer a Dirección enfrontando ós Traballadores/as.

UTILIZA O TEU VOTO CON RESPONSABILIDADE.


 VOTA C.I.G.

Ningún comentario:

Publicar un comentario