venres, 7 de febreiro de 2014

NOVO CONCERTO,NOVOS DESPIDOS


O pasado xoves 6 de febreiro ás 09'30 da mañán, tivemos a xuntaza solicitada pola Dirección,e nela se nos comunicou que en aplicación da sentenza das reducións de xornada (quirófano,policlínica...), e acolléndose ao artigo 41(modificacións sustanciais das condicións de traballo), iban proceder ao despido de trece compañeir@s e á variación das quendas de 68 compañeir@s máis.

Dende a C.I.G, queremos decir:


Que gañada a sentenza, tanto en Vigo como no Tribunal Superior de Xustiza, este persoal ten que voltar ás quedas anteriores ao 1 de xaneiro de 2013. Para nos, esas quendas son 40 horas  a desenvolver no servizo no que se atopaba cada traballador@ naquela data.

A Dirección de Povisa, en previsión de que puidera perder o recurso, como así foi, negociou unha produtivadade (ligada á xornada de 35h e a acadar uns obxectivos) con parte do colectivo de enfermeiras do bloque cirúrxico. Esta aceptación, por parte dun grupo desas enfermeiras, sírvelle á empresa para o "divide e vencerás". E aí o vemos. División entre @s traballador@s, onde para algúns prevalece a súa situación individual, que a colectiva, cando dende o comenzo desde conflito, decíamos que estas 35 horas de xornada, non eran viables.
Nunha volta de torca, a empresa utiliza a mala fe ao culpar ao cumprimento da sentenza do despedimento dos nosos compañeiros e do reaxuste de quendas ao resto de traballador@s de hospitalización.

                              A única culpable é a Dirección, que é quen fixo os axustes ilegais


Dende aquí, queremos dar o noso apoio a tod@s @s compañeir@s afectad@s, especialmente a eses 13 sinalados, e facerlles saber imos seguir adiante e loitar por conseguir o mantemento deses dereitos que levamos pelexando dende hai moito tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario