venres, 31 de xaneiro de 2014

OUTRO ATAQUE DA DIRECCIÓN

O Mercores 29, a dirección de Povisa comunicounos, que vai aplicar o artigo 41 do estatuto dos traballadores, MODIFCACIÓN SUSTANCIAL DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO ( poden ser economicas, técnicas, organizativas ou de producción).

Onte dixonos que o proximo Xoves 6 de Febreiro, as 09.30 horas no Salon de Actos daranos a memoria explicativa desta modificación.

                                       Esta dirección, non quere a paz social, 

por iso o Xoves 6 de Febreiro as 15.00 horas ASEMBLEA XERAL, no Salon de Actos co o seguinte orde do día

Sentenza das reduccións de xornada,

Modificación das condicións sustanciais

Rogos e preguntas





xoves, 30 de xaneiro de 2014

Programa Electoral 2011

povisa manifestacion samil
ELECCIÓNS SINDICAIS: A RESPONSABILIDADE DE TODOS E TODAS.

É o momento de actuar, é momento no que todas e todos os traballadores/as temos a posibilidade de analizar o papel do Comité de Empresa nos conflitos que xurdiron ao longo destes 4 anos. A posibilidade, a responsabilidade e o deber,de decidir quen queremos que nos represente no Comité de Empresa durante os próximos 4 anos.
Pero, realmente, se nalgún momento da Historia de Povisa foi doado decidir o voto, é hoxe. Polo menos, se é doado decidir que tipo de sindicalismo queremos no Comité de Empresa: un sindicalismo domesticado pola dirección ou un sindicalismo reivindicativo, solidario e que non se agacha ante a Dirección.
Si, esa é a principal decisión que temos que tomar, porque dela vai dependercomo se defende os dereitos de convenio, como se defende os postos de traballo, como se defende aos compañeiros/as despedidos/as.
Foron 4 anos de intensa actividade sindical e de confrontación no Comité de Empresa. Fagamos unha breve reflexión sobre os principais acontecementos dos últimos 4 anos: