sábado, 29 de setembro de 2018

A Dirección presenta preconcurso de acreedores.

Povisa entra en preconcurso de acreedores

Achaca a la reducción de ingresos del Sergas las pérdidas que ha declarado en los últimos años. Sanidade dice que no es responsable de la situación financiera de Povisa


VIGO / LA VOZ 
Povisa, el mayor hospital privado de España, acaba de anunciar a la plantilla que va a solicitar el preconcurso de acreedores. Tiene un plazo de tres meses para negociar con sus acreedores, rebajar su deuda y no entrar en concurso, algo que complicaría mucho más la administración del centro, propiedad del Grupo Nosa Terra, porque sería intervenida. Tras esos tres meses, tendría otro para solicitar el concurso. Povisa achaca la situación a las pérdidas que le provoca el concierto que tiene firmado con el Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Es el único hospital privado de Galicia que tiene a su cargo a un área de población. Son unas 137.000 personas para las que es su hospital de referencia. Es, también, el mayor proveedor del Sergas. Cobra por cada paciente a su cargo 540 euros, según el concierto que entró en vigor hace cuatro años. Pero este contrato solo ha provocado números rojos. En el 2015 declaró unas pérdidas de 5,5 millones, de 4,3 un año después y de 5,4 en el 2017. Son 15,2 millones, en total. 
Para el hospital, detrás de esta situación está su relación con el Sergas. «Las pérdidas atribuibles al concierto de Povisa con el Sergas se elevan, desde su entrada en vigor a día de hoy, a 42 millones de euros», dice. Desde que empezó el concierto nuevo, asegura la gerencia del centro sanitario, «surgieron las discrepancias con la interpretación». Varias reclamaciones se han judicializado, aunque el Sergas ha ganado varias sentencias. Povisa ha reclamado, por ejemplo, que los tratamientos farmacéuticos de alto impacto los pague el Sergas al margen de la cápita (los 540 euros por paciente).
Este año se han mantenido reuniones para intentar frenar el preconcurso, pero no han dado fruto y el hospital dice que ha retrasado pagos. Según la documentación remitida a los trabajadores, hasta ahora «ha podido hacer frente a esas cuantiosas pérdidas gracias al fondo de reserva con el que contaba la empresa debido a su actividad privada y al hecho de no haber distribuido dividendos a sus accionistas desde hace más de 25 años».
Ahora se abre un período de incertidumbre para la plantilla, una de las mayores de la ciudad (en torno a 1.400 trabajadores). También para los pacientes que atiende el hospital para la sanidad pública. El anuncio llega un mes antes de que se abra el período de cambio voluntario de hospital, que siempre es en noviembre en el área de Vigo.
El Sergas se desvincula de la situación
El Sergas, sin embargo, ha rechazado tajantemente que se le pueda imputar al concierto la situación económica de Povisa. «Se están a cumprir estritamente todos os termos do concerto asumidos por ambas partes e as obrigas económicas». El Sergas dice, pues, que está al tanto de los pagos y que ha celebrado múltiples reuniones con Povisa. Pero advierte que desde que se firmó el concierto, en el año 2014, no ha cambiado nada que justifique cambiarlo. De alguna manera, le transfiere a la dirección de Povisa la responsabilidad en la gestión del hospital.

mércores, 22 de agosto de 2018

Os axentes ambientais e forestais mobilizaranse en Vigo en defensa do patrimonio natural galego

Os axentes ambientais e forestais mobilizaranse en Vigo en defensa do patrimonio natural galego

Convocan unha manifestación dende a Praza dos Cabalos este mércores 22 ás 19:00 horas

O comité de folga (CIG e UGT) dos axentes ambientais e forestais da Xunta, en paro indefinido dende o pasado 1 de agosto para reclamar un acordo laboral que regule as súas condicións de traballo, convoca unha manifestación na defensa do patrimonio natural galego este mércores 22 dende a Praza dos Cabalos de Vigo ás 19:00 horas.
Con esta marcha, que rematará a carón da estatua de Xulio Verne, na rúa As Avenidas, os traballadores/as públicos/as queren reivindicar tamén a labor de defensa e custodia dos nosos valores naturais que desenvolven no seu día a día e reclamar uns servizos públicos de calidade, así como a dignificación e profesionalización dos axentes ambientais e dos traballadores/as forestais.

Dende o colectivo de axentes ambientais e forestais fan un chamamento a organizacións ecoloxistas, comunidades de montes, entidades na defensa do medio natural e ao conxunto da cidadanía a participar na mobilización para reivindicar “un rural e un monte vivos, porque o noso medio ambiente pide axuda”

Remolcanosa a primeira vez que logra presentar candidatura

A CIG gaña as eleccións sindicais en Remolcanosa a primeira vez que logra presentar candidatura

A central, que foi a forza máis votada nos dous colexios, logrou 4 dos 9 delegados/as do comité de empresa

A FGAMT-CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas en Remolcadores Nosa Terra (Remolcanosa), a principal naviera galega e a maior compañía de remolcadores do Estado, ao obter 4 dos 9 delegados/as do comité. A central logrou a vitoria a primeira vez que presentaba candidatura na empresa con sede en Vigo e foi a forza máis votada nos dous colexios.
Tras o proceso electoral que se pechou onte, a CIG é o principal sindicato en representación dentro de Remolcanosa, propiedade do dono de Povisa, José Silveira. Esta vitoria ten se cabe máis importancia ao tratarse da primeira vez que a central conseguiu presentar candidatura, xa que en anteriores ocasións as listas da CIG decaeron polas manobras da empresa coa complicidade de outras organizacións sindicais. 
A CIG logrou 51 votos, fronte aos 42 de UGT, os 33 de CCOO e os 15 de Independentes
Neste proceso tamén o intentaron: a candidatura da central ao colexio de técnicos/as e administrativos/as foi impugnada pola mesa electoral o pasado 28 de xuño e non foi proclamada co argumento de atoparse incompleta -dous dos seus integrantes dimitiron na noite anterior ás votacións-, mais non se estableceu un prazo para completala.
A CIG impugnou esta decisión e un laudo da Inspección de Traballo deulle a razón, obrigando a abrir un novo prazo para solucionar as deficiencias. A central logrou completar a lista e puido presentarse, resultando a forza máis votada con 24 apoios; UGT sumou 20, CCOO 16 e Independentes 15. Estes votos traducíronse en 2 delegados/as para a CIG e 1 para cada un dos restantes sindicatos.
Tamén no colexio de especialistas
No colexio de especialistas e non cualificados/as -cuxas votacións se celebraron o pasado 27 de xullo- non houbo problemas coas candidaturas e a CIG fíxose tamén coa vitoria: 27 votos, por 22 da UGT e 17 de CCOO. En delegados/as, a CIG logrou 2 e o resto 1 cada un. Deste xeito, o comité de empresa de Remolcanosa queda integrado por 4 representantes da CIG (51 votos), 2 da UGT (42 votos), 2 de CCOO (33 votos) e 1 de Independentes (15 votos).
Dende a FGAMT-CIG agradécenlle ao cadro de persoal de Remolcanosa a confianza depositada na central e o apoio amosado á súa candidatura a pesar de todos os problemas que se viviron durante o proceso de eleccións sindicais que rematou onte.

O Sergas incumpre o decreto de transporte sanitario ao permitir que doentes infectocontaxiosos viaxen en ambulancias colectivas

O Sergas incumpre o decreto de transporte sanitario ao permitir que doentes infectocontaxiosos viaxen en ambulancias colectivas

A CIG xa advertira dos riscos para os condutores, as súas familias e a poboación

Nacional - 
Dende o sector de Transportes da FGAMT-CIG aseguran que o Sergas está a incumprir de xeito consciente o decreto de transporte sanitario ao permitir que doentes infectocontaxiosos sexan trasladados/as en ambulancias colectivas conxuntamente con outros/as enfermos/as. Dende a central lembran que xa lle advertiran ás distintas EOXI dos riscos que esta práctica pode supoñer para os condutores/as, as súas familias e a poboación en xeral.
Na CIG saen ao paso das afirmacións dos responsábeis do Sergas tras a denuncia feita este sábado polo comité de empresa de Ambulancias do Atlántico (3 CCOO, 3 UGT e 3 CIG), concesionaria do transporte sanitario público na área de Vigo, nas que aseguran que a representación do persoal nunca puxo en coñecemento da Administración a existencia de problemas no traslado de pacientes. Dende a CIG lembran que lle remitiron escritos e mesmo mantiveron xuntanzas coas distintas EOXI para abordar as condicións nas que se leva a cabo o manexo de pacientes con enfermidades infectocontaxiosas. 
Na área de Vigo hai tres doentes que son illados no hospital pero que comparten ambulancia nos traslados
De feito, sosteñen que nas propias EOXI lles confirmaron que o Sergas autorizaba o traslado destes doentes en ambulancias colectivas xunto con outros enfermos/as, algo totalmente prohibido segundo a normativa (RD 836/2012), tal e como sinala o comité de empresa.
“O problema é que o Sergas non inclúe o persoal de ambulancias no protocolo de seguridade que si lles aplica os traballadores/as dos hospitais, así que nos atopamos con que os traballadores/as do transporte sanitario poñen en risco a súa saúde, a das súas familias e a da poboación en xeral ao estar en contacto con doentes infectocontaxiosos”, explica o responsábel do sector de Transportes da CIG, Xesús Pastoriza.
Outros incumprimentos
E isto é así porque o Sergas non os considera persoal sanitario xa que non traballan directamente para o servizo público, “polo que se rompe a cadea de protección que hai que aplicar con este tipo de doentes, orixinándose un problema de saúde pública ademais de laboral”. Como exemplo cita o que sucede na área de Vigo, “onde temos constancia de tres casos de pacientes con doenzas deste tipo que son levados/as a diálise aos que se lles aplica o protocolo de illamento no hospital, pero que tanto no transporte de ida como no de volta comparten vehículo con outros enfermos/as”.
Aínda que estes non son os únicos incumprimentos do decreto de transporte sanitario. Segundo denuncia Pastoriza, os doentes con osíxeno, con soro, ou en padiola terían que viaxar tamén sós na ambulancia e non con outros/as pacientes tal e como se está a facer. “Como tampouco está a viaxar ninguén cos enfermos/as na parte de atrás da ambulancia para poder atendelos/as no caso de que lles suceda algo durante o traxecto, como pasou recentemente na Coruña”